11 de abril de 2008

MIGUEL ANXO MURADO



Onte día 10, Xulián Parga que foi quen presidiu o acto, citounos na Galería Sargadelos de Lugo, para a presentación do libro dun amigo e por riba un dos autores máis prolíficos e viaxeiros do noso país.
Miguel Anxo Murado, dende novo xa amosou unha brillantez literaria fora no normal, e ben na creación ou como articulista de prensa, dende os sitios máis perigosos, sempre ca súa independencia deunos o seu punto de vista sobor do terreo onde pisaba e a súa peculiar visión da paisanaxe ca que compartía sangue, suor e bágoas.
Non ía ser menos neste fin de século en Palestina, onde narra a súa propia experiencia nun lugar elixido polo Deus dos xudeus que se estivera a librar a guerra menos entendida e máis estendida do século XX. Conta no papel a cotidianidade da morte, do odio, do apartheid, da exclusión e do racismo.
Sen decantarse por ningún dos contendentes e sempre como embaixador das Nacións Unidas o que lle facilita un salvoconducto de amigo de todos, expón as súas vivencias tal e como foron, sen dramatismos e sen falsas anécdotas épicas.
A preguntas no coloquio aseverou que Israel non precisa de organizacións no seu apoio no occidente europeo, e mesmo lle estrañou a polémica da dos militantes do BNG.

7 comentários:

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Anónimo disse...

Gracias pola información. Buscaremos e leremos o libro. Un tema coma ese, tan desgraciado, tratado con esa obxectividade e distanciamento do que falas, non é para deixalo pasar. E si, Miguel Anxo Murado reúne todas esas cualidades que lle atribúes.

Gracias outra vez.

Ana Bande disse...

O soño da fiebre non me gustou, pero darei conta deste porque sendo testemuña de primeira man é obrigado. Saúdos.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
atónito disse...

Meu querido Xaime, sorpréndeme a ansia de facer mal deses malnacidos que introducen links, creo que se chaman así, que só conteñen virus.

O outro día, dentro da miña boa fe, intentei abrir a mensaxe que vai exactamente enriba da miña, e menos mal que a proteción que lle teño posta ó meu ordenador conseguiu neutralizar o ataque.

¿Como deberiamos denominar a estas xentes?

Xaime disse...

O máis bonito é que eu tamén piquei e teño que andar continuamente a renovar a licencia de protección do sistema operativo que che dan a probar na Rede.
Prefiro que lles poñas tí nome. Eu moi finamente xa che lles teño marca: H.P.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.